Os Castros de Lobengos - San Martiño de Condes (Friol)
Límites comúns das parroquias de San Martiño de Condes, Guimarei e Guldriz (ó leste) deliñados en amarelo. Na zona de abaixo, onde están as mámoas inventariadas de Monte das Lamas e xusto na liña amarela, ubícase o posible "campamento romano de Pardellas". (C) PNOA 2020. Na liña iniciada na (...)
Artículo puesto en línea el 20 de febrero de 2024
Larín - O Castreliño
Larín (Láncara), co microtopónimo O Castreliño nomeando unha parcela limitada por unha grande trincheira que podería ser o foso defensivo do antigo recinto da Idade do Ferro. Abaixo á esquerda, segundo me indica amablemente o arqueólogo Eloi Saavedra, a posible croa do Castreliño na fotografía (...)
Artículo puesto en línea el 19 de febrero de 2024
Arcillá e Campo da Matanza
Sobor da recente presentación dos novos campamentos romanos descobertos polo colectivo Roman Army na provincia de Lugo ("Entre valados e piñeirais. Achegas arqueolóxicas ao coñecemento da presenza militar romana na Galicia nororiental", Boletín do Museo do Castro de Viladonga, 2024) chamamos a (...)
Artículo puesto en línea el 18 de febrero de 2024
A Condesa, A Contensa e A Contenda
En Galicia existen varios topónimos A Condesa ou As Condesas, e moitos menos A Contensa ou As Contensas (4 microtopónimos). Pola semellanza fónica entrámbolos dous pensamos que os primeiros non sempre aludirán a unha antiga propietaria nomeada metonímicamente polo seu título (latín comitissa). (...)
Artículo puesto en línea el 11 de febrero de 2024
El Pajarico de Villarino Tras la Sierra (Zamora), o rei Charlo de Lourenzá e a caza do wren: restos dun rito de investidura real
No territorio da antiga Gallaecia, en Villarino Tras la Sierra (Zamora, na fronteira con Portugal), consérvase nas tradicionais mascaradas da invernía, que se celebran o día de Santo Estevo (26 de decembro), o desfile de "El Pajarico", que pode verse na grabación de Videocoria Mascaradas de (...)
Artículo puesto en línea el 8 de febrero de 2024
O motivo da harpa eólica en Queixumes dos pinos: estrutura da obra e concepción poética en Eduardo Pondal
O tópico literario da harpa eólica, isto é, referido ó instrumento musical movido polo vento (Eolo), non pulsado pola man humana, configurouse na literatura do romanticismo como tópico de significado metapoético empregado para referirse alegóricamente ó proceso de creación. Rara é a harpa que (...)
Artículo puesto en línea el 31 de enero de 2024
O Pozo do Cura: unha pesqueira artificial na lagoa da Frouxeira
Vimos de atopar que no ano 1776 o párroco de Anca, Joseph Benito de la Torre, escribiu a Tomás López nestes termos, explicándolle a orixe da lagoa da Frouxeira (Valdoviño):"En esta vicaría también me aseguraron habían informado a V.M. había un gran estanque donde se cogían anguilas de tantas (...)
Artículo puesto en línea el 25 de enero de 2024
O Meco do Antroido: o último antepasado totémico
O segredo mellor gardado sempre está á vista. Se hai un elemento nuclear nas mascaradas da invernía (Antroido) do noroeste peninsular, non son as vistosas máscaras dos peliqueiros, os boteiros, os cigarróns, os irrios... nin as súas danzas rituais. Ese é o Meco, un boneco que noutras partes (...)
Artículo puesto en línea el 20 de enero de 2024
As bonecas como axudantas no Alén
A boneca como axudanta no Alén do conto marabilloso popular, estudado polo folklorista ruso Vladimir Propp, ten un expoñente clásico no conto de "A fermosa Basilisa" (1), nena que queda orfa, mais será axudada na súa viaxe iniciática polo espíritu da súa nai albergado nunha boneca que esta lle (...)
Artículo puesto en línea el 14 de enero de 2024
Augapesada e Frenza (Ames)
Ós meus queridiños amigos Susana e Anxo De camiño ó holy well da Madanela (Vilouta - Tapia, Ames) pásase polos lugares de Augapesada e Frenza, nomes que chamaron a nosa atención e que tentaremos explicar. Fonte milagreira e cruceiro da Madanela (Vilouta - Tapia, Ames), baixo o castro de (...)
Artículo puesto en línea el 7 de enero de 2024
As centuriacións de Caesar Augusta no Bronce de Botorrita I
Asegurar a interpretación ou tradución da primeira palabra do Bronce de Botorrita I (século I a.C.) vai facilitar sen dúbida a súa lectura e mellorará o coñecemento dunha das paleolinguas célticas peninsulares, pois é que o texto, seguramente un documento xurídico, vai tratar do asunto (...)
Artículo puesto en línea el 2 de enero de 2024
Ricovanca, Ricovo e Ricovelo. De Covanca a Cuenca.
Unha das formas que pode adoptar o resultado romance do latín rivu > río, ó aparecer en composición, é ri-. Hai algunha máis, como rei (Regueiro de Reicobo - Pantón) ou ro- (Río Romeán - O Corgo). Para simplificar partimos de que proceden en última instancia do latín rivu, mais tamén sería (...)
Artículo puesto en línea el 27 de diciembre de 2023